EL Rincón de Yanka: MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO: PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013

inicio














miércoles, 6 de diciembre de 2017

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO: PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO

“Hay en mi última producción un tema recurrente: la memoria, que dicta una suerte de variaciones sobre un solo tema. Debo afirmar que creo en el poder de la palabra, en las potencias de la belleza. Aún escribiendo en prosa siempre termino cayendo por el escotillón de la lírica que intento afinarla al máximo. Escribo contra el mundo y a favor de la Vida. Como poeta, creo en la utopía”.

ROL DE OSCUROS

(Poema de Habitante único)

Recordad a esos otros, incesantes,
construyendo el paisaje,
o liberados en un discreto ritmo
por las piedras de la vida ensombrecida,
por largos arrabales o en los trenes
de los viajes más tristes.

Recordad a los que nunca se acercan con un sargazo
de evidente derrota: libélulas de luto
en la manos, copias del horror,
ni se juntan allí en un sol caído,
ni incordian, ni inventan desgracias
en la bajamar de la vida. 
Y son, siguen de pie
en alguna parte
como vivos y enteros.

Pensad en los inscritos en la causa de los que pierden
y llevan un narciso a la altura de la caída.
En los de la arenga en lo alto del risco.
Los que niegan Infierno y Paraíso.
Areneros que silban
viendo llegar las tormentas.

Y en aquellos que escriben sobornados
por una luz azul acetileno,
por una quemadura vigilante.
Pensad en los anónimos de un trópico perdido,
en los que reniegan frente a los grandes pórticos
y venden por las ferias cosas que dan sosiego:
novísimo cannabis en tarros 
que antes fueron olivas y mantequilla.

Pensad en los que llegan en nombre de la utopía,
en los del plato catártico al final del relato,
en los de tanto milenio de candil y cantiga.
en las glorias más inútiles.

Y en aquellos enviados a la hoguera
en nombre del decoro
y de la normal circulación de los días.


OS ÁNGULOS DA BRASA

MUNDO

Hai unha pedra-mundo reiterada.
Hai lameiros sen fondo,
gorgolas que


desovan tristísimos invernos,

e hai millóns de cadáveres, e insomnes, e alienados,
e pulsións vergonentas, e borra e analíticas,
e fames selectivas,
e un fastio que nunca alcanza a ser catástrofe
e, sen embargo, fai que neve cruelmente
e minta o calendário.

Canto outono este intre no bosque de Bomarzo
se miro estas acácias!

E hai converxencias de razón cainita,
seres asemellados pola sombra,
instantáneas do reino da podremia,
suicidas que choran humanizando o espello.
E números rosmando, insatisfeitos sempre.
E mendigos con cans perturbando os domingos.

Que vello vai Platero!
Que vello o libro que xá era vello,
e as virxilianas tardes de parral e postigo!

UN DE TANTOS

Apuntouse ao inmediato que era a eira,
a brétema plural, a certa espiña
igualmente plural, multiplicada.

Apuntouse a unha herdanza
que non deu máis de si
que soños enganosos
e campos societários
sementados de espadas
como mais tarde soubo.

Exerceu de si mesmo.
Foi o primeiro de si mesmo, sempre.

Camiñou declinante
entre as vodas do século
e un anticipo de futuro morto.

Obedeceu ás chuvias fortuitas,
a esa abstracción bovina
que teñen certas tardes
que xá nada revelan.

Ensimesmouse
nas araneiras dos ensimesmados.

Perdeu o tren aquel que xá nonpasa.

Foi terrenal reverso da ledicia
sen coñecer a Hölderlin.

Non se sabe o seu nome que é o de tantos.

TRISTEZA

De súpeto, a tristeza.
A hora das arañas.
Un arlequín durmido no cansazo.
O néon asasino elas orquídeas.
A asfixia do inhóspito.

De súpeto, a tristeza:
a túa flor onte pensada
e hoxe neve.

E un concerto de frautas
contrarias e unánimes.
As máscaras do mundo.
Os miradores cegos.
E un animal lambendo a sua morte.

BARRIO-NOITE

A mesa sempre tivo unha emoción dunnida,
as rosas do poema en cancións transmutadas,
un pan pobre e o medo de que non nos chegase
e os días vistos que nunca amenceron.

Subía polos patios aquel son da penuria:
voces desfalecidas do arrabalde vecino,
as imposibles culpas dos libres de pecado
e unha bruma de fume e un cheiro a col cocida.

E unha esperanza gángster de posguerra,
un neorrealismo de esparto e barbitúrico,
unha furia civil, domesticada,
a reclusión da vida...

E aquel inesperado que vestía de negro.
E aquel que viña ler un papel que falaba
dun desafiuzamento.

QUE DÍA CHEGA?

Que día chega agora a este abandono?
Que mércores principia?

Que agarda a luz
que volve á grande espera?
Que paciencia?
O abandono das viñas?
O da vixilia, acaso?
Que vésperos de nada novamente?
Quizais aquel que limpa o vidro da esperanza
e fai seu o preludio relampante,
o visionario logro?
Os do pauto coa sombra
que mancha o contraluz dos satisfeitos?
Os que viven no espello?
Os que escriben dun cisne, sublimados, espidos?
Os inocentes pero irrelevantes?
Os da filosofía
da resignación... ?

🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔🔔
El Nacional de Poesía premia por primera vez una obra en gallego. 'Os ángulos da brasa' es el primer poemario escrito en esta lengua que recibe el prestigioso galardón
Nacín na cidade de A Coruña o día sete de Xullo do ano 1932. Orfo de nai dende os tres anos. Teño un irmán trece meses maior que reside no extranxeiro. Vivín case tres anos na cidade de Lugo, na casa dos meus tíos que non tiñan fillos. De volta na Coruña, a miña casa foi a dos meus padriños. Asistín -irremediablemente- á escola fascista: crucifixo, retrato de Franco e regra que caía iracunda e de canto nas palmas das mans cando o castigo. Máis adiante cursei estudios na Escuela Superior de Altos Estudios Mercantiles na miña cidade natal. Despois de desempeñar varios traballos para axudar á economía familiar entrei a traballar no xornal La Voz de Galicia, onde pasei 25 anos.


Dende os 17 ou 18 anos, escribir poesía foi para min unha necesidade. Fun un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" na década dos cincuenta. Os primeiros versos non pasaron de ser exercicios líricos en castelán para revistas que se publicaban en Madrid e en Barcelona.

A cultura por aqueles anos da infamia, da longa posguerra que tamén perdimos, era imposta na lingua de Cervantes. Por outra banda, esta mesma lingua era a dominante na miña casa, a que falaban os meus e a gran maioría da xente coa que me relacionaba.

O galego, como lingua de expresión poética chegou máis tarde, cando eu xa estaba "ilustrado" por autores de fóra, "marcado" por eles. Non oculto as influencias que recibín de Pablo Neruda, de César Vallejo, de Vicente Aleixandre, de certo Lorca, etc.Residencia en la Tierra, por poñer un exemplo, foi un deslumbramento; enseñoume a sentir, a ver, a pensar poeticamente. Tamén hai -como non- outros moitos autores na miña sensibilidade. E hai músicos e hai pintores. A nómina de todos sería moi longa.

Teño publicados dous libros en castelán (non sei se isto será un pecado) e nove en galego. Ata os 50 anos cumpridos non din ó prelo o meu primeiro poemario, Memoria dun silencio (1982). Logo, cada ano botei a andar un libro dos que non me arrepinto en absoluto.

Os antólogos sitúanme na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: os nados entre 1928 e 1942. No prólogo ó libro As doazóns do incendio, o profesor Basilio Losada apunta: o que vele na poesía de Torneiro é o poema, non é un verso illado, e menos unha palabra-fetiche. Veñen os versos e as palabras nestes poemas sen desaxustes semánticos, traballadas con sutileza e emoción. Con verdade, sen grandes sorpresas nin fulgores irritantes.

Teño no meu haber algúns importantes galardóns como o Premio Esquío (1994), o González Garcés (gañado en dúas ocasións: anos 1998 e 2000) e o Premio da Crítica Española (1999).

Hai na miña última producción un tema recurrente: a memoria, que dicta unha sorte de variacións sobre un só tema. Debo afirmar que creo no poder da palabra, nas potencias da beleza. Aínda escribindo en prosa sempre remato caendo polo escotillón da lírica que procuro afinada ó máximo.

Escribo contra o mundo e a favor da Vida. Como poeta, creo na utopía.


Premios



Premio Esquío (1995)

Premio González Garcés (1999)

Premio de la Crítica Española (1999)
Premio de la Crítica Española (2012)
Premio Ánxel Casal (2012)
Premio de la Asociación de Escritores 
en Lingua Galega (2013)
Premio Nacional de Poesía (2013) 
Premio Esquío (1995)
Premio González Garcés (1999)
Premio de la Crítica Española (1999)
Premio de la Crítica Española (2012)
Premio Ánxel Casal (2012)
Premio de la Asociación de Escritores 
en Lingua Galega (2013)
Premio Nacional de Poesía (2013) 

Obras

Os ángulos da brasa
Memoria dun silencio
Rigorosamente humano
Luz de facer memoria
Campo segado
Epicentro
Setembro Stradivarius
Parábola do incrédulo














PÁXINA DO SILENCIO


Velaquí o silencio
onde cazan os gatos mentres dormen,
os mapas do crepúsculo
que a luz vai cambiando,
o centeo vibrando nas chairas seculares.

Vestíbulos de frouma.
Un souto musitado.
Franciscanos aromas de loureiros remotos.

A emanación da tarde.

E a repentina sombra.

E instantes que rebordan
toda meditación.

E músicas que veñen para quedar.
Músicas de gardar
para que dalgún xeito siga vivo
o que demos por morto.